As parodias porno están a desmadrarse

Non teño dúbida en que destacar no mercado do porno é moi complicado, e o feito de contar historias non parece ser un incentivo efectivo (¿espera a xente para...


Non teño dúbida en que destacar no mercado do porno é moi complicado, e o feito de contar historias non parece ser un incentivo efectivo (¿espera a xente para ver se a parella protagonista casa ao final?), pero parodiar a películas, comics e series de televisión si parece ter o seu aquel, pois cuns disfraces cutres, algo de maquillaxe, e unha portada divertida pode chegar a venderse unha película ou, como mínimo, captar a atención dos curiosos.

Por se alguén tiña dúbidas sobre o ridículás que poden resultar estas películas, velaquí unha mostra dos seus disfraces.

Por se alguén tiña dúbidas sobre o ridículás que poden resultar estas películas, velaquí unha mostra dos seus disfraces.

Por se alguén tiña dúbidas sobre o ridículás que poden resultar estas películas, velaquí unha mostra dos seus disfraces.[/caption]Pero xa teño comentado que a cousa está a desmadrarse moito, e nos últimos meses hai unha auténtica vaga de filmes do xénero, con producións de certo peso como o She-Hulk XXX (protagonizada por unha ex loitadora da WWF), do mesmo estudo que fixo Superman vs Spider-man XXX, The Dark Knight XXX e The Avengers XXX (parodias porno con títulos moi orixinais), que conseguiu ser moito máis friki ao estrear Clerks XXX (teño curiosidade por saber se no seu guión figuran divertidas discusións sobre Star Wars e outras frikadas… ou se discuten sobre as súas versións porno).
Outros estudos fan parodias que consideraría algo máis chorras como This Aint’t Die Hard XXX, que está dispoñible nunhas innecesarias 3D (tratamento que tamén lle deron a Avatar, Tiburón, Conan e Terminator); pero os que están a levar o fenómeno ao absurdo son os de DreamZone Entertainment, que tras parodiar a Barb Wire (¿non era suficientemente erótica a película orixinal de Pam Anderson), MacGyver (non sei o que dirán sobre o tema Patty e Selma Bouvier) e Harry Potter (cando menos puxéronlle un título orixinal: Hairy Twatter) atrévense agora con Karate Kid. ¡¿Mande?! Non acabo de entender que alguén puidese atopar inspiración erótica no Sr. Miyagi e Daniel-san, e prefiro non imaxinar a escena de pór cera e pulir cera. [icon icon=”0039.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS