Hobby Con: novo evento friki na Coruña

Parece que A Coruña podería ter en 2013 un verán super-friki, pois á celebración de ExpOtaku, Viñetas desde o Atlántico e RetroCoruña súmase agora Hobby Con, un multi-salón que...

Hobby Con

Parece que A Coruña podería ter en 2013 un verán super-friki, pois á celebración de ExpOtaku, Viñetas desde o Atlántico e RetroCoruña súmase agora Hobby Con, un multi-salón que xunta banda deseñada, manga/anime, ciencia ficción e xogos entre os días 4 e 7 de xullo no PALEXCO.

Non sei se haberá overbooking de encontros frikis, especialmente pola súa concentración no tempo, e paréceme unha mágoa que non buscasen xuntar esta feira con Viñetas desde o Atlántico, pois hai rumores de que a feira do cómic vai fusionarse co feira do libro, o que faríalle perder folgos, que poderían recuperar de xurdir sinerxías con un evento irmán.

Haberá que agardar para ver como vai a cousa (para o que podemos botar un ollo periodicamente á plataforma en liña HobbyCon Social), pero parece garantido que imos ter uns meses movidiños no panorama friki coruñés.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS