Antes do pasado Nadal quedei abraiado ao comprobar en Melide que o que antes era un espazo que empregaban os coches para estacionar estaba inaccesible por mor dunhas enormes rochas, e o asunto parece que vai máis aló dunha simple anécdota, polo que puiden ver hoxe na páxina web do Concello:
O Concello de Melide recibe unha demanda por incumprimento dun convenio do cal non existe ningún trámite nin constancia na administración local.
A actual alcaldesa, Ángeles Vázquez, non recibe copia do dito convenio até o 15 de outubro de 2012 por requirimento aos propietarios do inmoble. A rexedora municipal convocará unha xunta de voceiros para pedir responsabilidades sobre a cuestión exposta.
A alcaldesa de Melide, Ángeles Vázquez dá a coñecer publicamente a situación actual do aparcadoiro que ao longo de meses se utilizou como vía pública entre a Rúa de Galicia e
a Rúa Concepción Arenal. Na actualidade atópase pechado con pedras de grandes dimensións.
A alcaldesa lamenta o prexuízo que se pode derivar deste proceso irregular e irresponsable por parte do bipartito. O Concello recibe unha demanda por parte dos propietarios celebrándose un xuízo de conciliación no que era inviable chegar a un acordo.
Nesta demanda reclámaselle ao Concello a realización dun peche perimetral e o acondicionamento do terreo que se pode cuantificar en máis de 15.000 €, mais o abono do IBI dos anos 2011 e 2012 así como unha cláusula penal que a día de hoxe ascende a 27.600 € facendo constar que esta cantidade se irá incrementando a razón de 200 € diarios.
A alcaldesa melidense clarifica que non existe ningún trámite administrativo en relación co proceso de cesión dos terreos para aparcamento público, non sendo ata o 15 de outubro de 2012 cando se lles require aos propietarios dos terreos que se aporte a documentación que obre no seu poder debido a que no Concello non existe documentación nin proceso algún referente a dito aparcadoiro.
Por outra parte, tampouco consta que se teña realizado fiscalización ou acordo algún segundo os servizos de intervención e secretaría para a realización da sinatura de dito convenio. Segundo a lei 58/2003 Xeral Tributaria é imposible establecer exencións fiscais por convenio o que supón que un acordo privado non pode eximir nin condonar tributos aos suxeitos pasivos. Tampouco existe trámite algún para levar a cabo obras con cartos públicos en terreo privado.
Revisada a contabilidade municipal resulta que previa solicitude dun préstamo con entidade financeira a Xunta de Goberno Local acordou proceder ao pago dunha factura por importe de 9.216,52 € en concepto de pavimentación estacionamento Rúa de Galicia.
A alcaldesa mostrou a súa preocupación polo problema derivado dunha situación anómala sen ningún tipo de proceso administrativo, motivo polo cal realizará unha xunta de voceiros para clarificar cos seus antecesores, que foron os que cometeron este atropelo- esta situación que a todas luces é escura, irregular e irresponsable. Insistir que como rexedora municipal ten que defender os intereses de todos os veciños e veciñas de Melide e lamenta igualmente que os propietarios se vexan incursos nin proceso que endexamais o anterior equipo de goberno debería haber propiciado.
Vaia, que a cousa dista moito de ser unha broma. A ver en que remata o conto (pois semella que o suposto acordo anterior é de imposible cumprimento).
ACTUALIZACIÓN (9-2-2013): Hoxe en La Voz de Galicia dan conta da polémica do seguinte xeito:
Demandan al Concello de Melide por incumplir un convenio sin tramitar
El Concello de Melide tendrá que hacer frente a una demanda de los propietarios del solar en el que se acondicionó para uso público entre las céntricas calles Galicia y Concepción Arenal un aparcamiento de vehículos. Lo comunicó ayer la alcaldesa Ánxeles Vázquez en la comparecencia que ofreció para dar cuenta de una situación que se remonta al 17 de junio de 2009, de cuando data el convenio que la exregidora del BNG, Socorro Cea, firmó con los titulares de la propiedad para formalizar la cesión del uso de la finca.
El documento nunca obró en poder del Concello hasta octubre del año pasado cuando, a requerimiento de Ánxeles Vázquez, lo presentaron en el registro municipal los propietarios del solar, que reclaman al Ayuntamiento melidense el pago del IBI de los dos últimos años -949 euros-, el cierre perimetral y acondicionamiento de la finca -valorado entre 25.000 y 30.000 euros- y una indemnización de 27.600 euros por incumplimiento de un convenio «privado, inexistente para o Concello», puntualizó la alcaldesa de Melide. «No Concello non existía ningún tipo de documento e ningún técnico é coñecedor de que se seguise algún procedemento ao respecto», explicó Ánxeles Vázquez para concretar, al hilo, que una vez los propietarios presentaron por registro el convenio, el departamento de Secretaría corroboró mediante informe que «non se fixo ningún tipo de acordo, nin sequera mediante decreto». Por su parte, Intervención «tampouco é coñecedor de como se realizou o pago o IBI de anos anteriores xa que non consta ningún apunte contable en relación a iso», añadió.
La demanda seguirá su curso al fracasar el juicio de conciliación celebrado el pasado martes, en el que los representantes del Concello rechazaron lo que reclaman los propietarios del solar «porque sería totalmente irregular aceptar o pago do IBI», afirmó la regidora de Melide, quien reiteró que «non temos nada en contra dos propietarios, pero temos que velar polos intereses do Concello».
Debe estar conectado para enviar un comentario.