Lavozdegalicia.es na listaxe negra

Aínda que ningunha páxina web está libre de verse infectada por software malicioso (especialmente se permiten a interacción cos usuarios), sorpréndeme ver que dende hai un par de horas...

Aínda que ningunha páxina web está libre de verse infectada por software malicioso (especialmente se permiten a interacción cos usuarios), sorpréndeme ver que dende hai un par de horas haxa xente denunciando que o seu navegador (principalmente Chrome, Safari e Firefox) está a avisar de que visitar Lavozdegalicia.es pode pór en perigo o seu ordenador:

Pero as contas do

medio nas plataformas sociais Facebook e Twitter levan 2 horas caladiñas, sen dar explicacións, sen responder ás ducias de mensaxes e sen tranquilizar aos lectores:

O lóxico sería ter respondido oficialmente dando conta do acontecido, para tranquilidade dos lectores, aínda que o lado bo é que moitos aproveitaron o asunto para botar unhas risas:

Quixera matizar que dende o sistema de Google marcan á páxina web de La Voz só como sospeitosa, pois baséanse na listaxe negra de Stop Badware.
ACTUALIZACIÓN (25-1-2013) A páxina web de La Voz deixou de estar considerada como sospeitosa durante esta mañá, o que publicaron na web, pero non a través das súas canles sociais (onde a xente continúa a indicar que ten problemas para acceder á páxina web, posiblemente polos sistemas de caché que fan que non se consulten as listaxes de exclusión en tempo real). Paréceme un grande erro de comunicación dar conta dun problema só cando xa está solucionado, especialmente cando se xoga coa seguridade dos lectores.
Tampouco gusto do xeito no que falan da solución ao problema: din ter rexeitado un ataque como unha victoria e aseguran que a páxina web foi segura en todo momento, o que claramente non se axusta á realidade (pois o bloqueo provocouno a detección de varias páxinas afectadas que si eran perigosas, e os avisos de seguridade mantéñense durante horas por precaución, pois normalmente non chega con borrar os troianos, senón que hai que tapar os buratos de seguridade para que non se replique a incidencia ata o infinito). Minimizar o asunto falándo de algúns navegadores e motores de busca cando na práctica foron todos os que teñen filtros contra o phishing e o malware tampouco é moi elegante. [icon icon=”0037.png”][/icon]

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS