O phishing capta a atención dos medios

Este mediodía saín uns segundos no Telexornal da TVG para comentar as precaucións que debemos ter na Internet para non caer nas redes do phishing, práctica que consiste en...

Este mediodía saín uns segundos no Telexornal da TVG para comentar as precaucións que debemos ter na Internet para non caer nas redes do phishing, práctica que consiste en suplantar a identidade de páxinas web para copiar os nosos datos de acceso e así poder entrar logo nas nosas contas para estafarnos sen que nos deamos conta.

Todo isto vén a conto dun roubo virtual de 200.000 euros na conta en Novagalicia Banco do Concello de Cerdedo, que finalmente resolverase coa devolución dos cartos por parte da entidade bancaria (que conseguiu retraer case todas as transferencias realizadas polos amantes do alleo), aínda que cómpre destacar que o banco non está obrigado a facer tal, pois a custodia do nome de usuario e o contrasinal non é responsabilidade da entidade (pero prefiren anticipar a devolución dos cartos, o que entendo que é unha mera cuestión de imaxe). Vaia, que hai que ter sentidiño, pois se nos fan algo semellante a nós, posiblemente non atopemos tanta comprensión e para comentar iso pedíronme unhas palabras para o número de hoxe de La Voz de Galicia:

Cómo no caer en las redes del phishing
La picaresca no nos resulta ajena y, al igual que no confiamos ciegamente en cualquier persona que nos cruzamos por la calle o que llama a nuestra puerta, en Internet deberíamos ser igual de prudentes y usar el sentido común. Al igual que en el mundo real sigue habiendo quien caiga en timos muy conocidos, en la Red las estafas también tienden a ser clásicas. Las podemos evitar. Lo primero es adoptar algunas medidas de seguridad automáticas (aplicaciones anti-malware y utilizar software legal y actualizado).
Pero de nada sirve poner barreras si luego el elemento humano falla, y aquí es donde debemos extremar las precauciones con medidas como: nunca acceder a plataformas de comercio o banda electrónica a través de enlaces incluidos en un e-mail (pueden llevarnos a donde no deben), no facilitar información personal por teléfono o Internet a entidades que ya deberían saber esos datos (como un banco), fijarnos siempre en que la dirección de las páginas a las que accedemos es lo que dicen (en la barra del navegador se suele destacar en color negro el dominio al que estamos accediendo y si es seguro) y, siempre que sea posible, configurar nuestras cuentas con el mayor nivel de seguridad (por ejemplo, identificarnos por dos métodos distintos como contraseña y SMS) lo que dificultará que usurpen nuestra identidad. Estas medidas pueden parecer una molestia, pero también es complicado meter la llave en la cerradura y no por ello dejamos la puerta de casa abierta.

Para rematar quixera dicir que teño moitas dúbidas sobre o caso concreto do Concello de Cerdedo, pois paréceme moi difícil que só cun nome de usuario e un contrasinal poidan realizarse transferencias bancarias a través da Internet dende un Concello, e que o persoal municipal sexa tan zoupón como para picar no phishing (que claramente non é un virus como comentan algúns). Supoño que as explicacións completas quedarán nas mans da Garda Civil, aínda que o feito de que a vítima desta volta fose un Concello axudou a dar repercusión a este problema, o que axuda a crear conciencia sobre o pouco coidado que ten algunha xente cando introduce os seus datos de acceso a través da Internet.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS