11 Agosto, 2012
Nos últimos días publiquei no blog a versión do Call Me Maybe do Monstro das Gallegas, de Star Wars e de Batman, algo que non lembro que acontecese nunca con ningún tema musical, e agora volvo ao ataque co novo vídeo que está a arrasar na web, cun taladradísimo Steve Kardynal que colleu a canción para facer unha coreografía vestido cun bikini fronte a webcam do seu ordenador para que usuarios de Chatroulette puideran velo desa guisa e así gravar a súa reacción:
Co que estou a rir nos últimos días co que dá de si a cancionciña coido que vou rematar sendo seareiro de Carly Rae Jepsen. 😉