Cardigan Bridge dedica unha canción á cidade de A Coruña

Onte pola tarde Rebeca Ponte/Cardigan Bridge presentou na FNAC unha canción titulada Ciudad Cristal na que recorda como era a cidade da Coruña durante a súa mocidade, acto que...

Rebeca Ponte actuando na FNAC
Onte pola tarde Rebeca Ponte/Cardigan Bridge presentou na FNAC unha canción titulada Ciudad Cristal na que recorda como era a cidade da Coruña durante a súa mocidade, acto que serviu de estrea do videoclip da canción:

O tema musical é literalmente un agasallo para A Coruña, pois pode descargarse de balde, aínda que tamén hai unha edición limitada en formato físico, da que coido que só hai un cento de copias, polo que para min é un luxo poder ter un exemplar na casa 😉
Ciudad Cristal
Rebeca non só puxo o video musical durante o encontro con numerosos seareiros, senón que tamén aproveitou para cantar algunha das súas cancións, dedicando unha das mesmas á xente de Melide:

Todo un detalle que lembrase a Melide durante un acto que nun principio estaba destinado a honrar á súa cidade de orixe. ¡Grazas, Rebeca!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS