Visitando A Revista Fin de Semana da TVG

O pasado sábado tiven a fortuna de visitar o programa A Revista Fin de Semana da TVG para falar do 10º aniversario da edición impresa da revista Código Cero,...

O pasado sábado tiven a fortuna de visitar o programa A Revista Fin de Semana da TVG para falar do 10º aniversario da edición impresa da revista Código Cero, o fenómeno das redes sociais e a iniciativa para conseguir un dominio para a lingua e a cultura galegas:

Pero para min o mellor da visita ao programa da Galega foi un momento sumamente breve no que a presentadora do programa, Lorena Pose, soltou fóra de antena un Lore, Lore, Macu, Macu. Non puiden conter a risa. 😀

Durante a retransmisión tamén gustei do feito de que José Luís Pérez Lado citase algunhas das miñas palabras en Twitter, aludindo a temas como a formación para superar a fenda dixital, as redes sociais para a prospección de novas e tendencias e a seguridade de que imos ter un .gal en 2013.

Aproveito a ocasión para agradecer o apoio constante por parte de moitos compañeiros da CRTVG, como a xente que no seu día estaba no Bos Días, aos responsables de A Solaina e, moi especialmente, á grande familia que é a Radio Galega, onde profesionais como Xosé María Fernández Pazos, Cristina García, Rocío Pereira, Pepe Carreira e moitos outros sempre me trataron coma un máis da casa. ¡Así dá gusto traballar!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS