Fernanda está actualizada

A pasada noite o programa Actualizad@s da TVG emitiu unha entrega moi especial dedicada aos Faladores , na que tiveron a ben achegarnos á vida de Fernanda, a que...

A pasada noite o programa Actualizad@s da TVG emitiu unha entrega moi especial dedicada aos Faladores , na que tiveron a ben achegarnos á vida de Fernanda, a que os seareiros do programa de radio Zapping coñecen de sobra (e poderán así despellar a eterna dúbida de se era unha persoa real ou un personaxe) e que agora tamén podemos ver con certa frecuencia no programa de televisión Turkía de Localia Coruña.
Temos por fin así unha Fernanda ao alcance de toda Galicia:

Agora só falta que lle dean un programa de seu na TVG, aínda que se teñen dispoñible unha canle enteira para ela, de seguro que non ten problema para encher as súas 24 horas cos seus comentarios 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS