Pablo Díaz e o seu Tic Tac en Melide

Veño de ver na páxina web do Concello de Melide que ás 10 da noite a Praza do Convento vai acoller un concerto de Pablo Díaz, quen interpretará temas...

Tic TacVeño de ver na páxina web do Concello de Melide que ás 10 da noite a Praza do Convento vai acoller un concerto de Pablo Díaz, quen interpretará temas do seu disco Tic Tac, polo que recoméndolle a todo o que teña nenos na familia que os achegue por alí, pois aínda que é algo tarde, poderano pasar ben con eses temas tan divertidos.
Eu coñecín a Pablo un día en RadioVoz, e dende aquela pegóuseme a canción que pon nome ao seu libro-disco; a imaxinación das súas letras servirá para debuxar máis dun sorriso (a ver se me dades a razón ao escoitar a historia da xirafa e o crocodilo ou do vello que tiña animais na corte).
Un exemplo de cómo as gasta Pablo Díaz tédelo en YouTube, onde recollen unha actuación na FNAC de A Coruña:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS