Bota a andar a campaña electoral en Melide

Como quen non corre, voa, o Partido Popular de Melide xa ten o vídeo do inicio da campaña electoral no que fan un repaso do mandato de Ángelez Vázquez...

Como quen non corre, voa, o Partido Popular de Melide xa ten o vídeo do inicio da campaña electoral no que fan un repaso do mandato de Ángelez Vázquez instando a repetir os seus éxitos á vez que critican os últimos catro anos de goberno municipal:

Aínda que non guste nadiña de ver imaxes estáticas en vídeo e prácticas polo estilo, resultoume especialmente gracioso o xeito no que amosaron o goberno bipartito local, con imaxes en branco e negro e música inquedante. 😛
Estou realmente impresionado pola cantidade de vídeos sobre a política local que podemos ver este ano, atendendo unha demanda que nas vilas non pode atender a TDT nin as emisoras de radio locais como acontece nas cidades. Estaría ben que puidesemos ter tanta información municipal fóra do período electoral, ¿verdade?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS