Conta atrás para as municipais: A candidatura socialista presentarase o xoves

O vindeiro xoves no Carlos 96 terá lugar a presentación da candidatura socialista ás eleccións municipais de Melide, segundo pode lerse na páxina web da agrupación local: Presentación da...

O vindeiro xoves no Carlos 96 terá lugar a presentación da candidatura socialista ás eleccións municipais de Melide, segundo pode lerse na páxina web da agrupación local:

Presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Melide para as próximas eleccións

O vindeiro día 28 de Abril presentarase a candidatura do partido para as eleccións do 22 de Maio. O evento terá lugar no Hotel Carlos 96 as 21:15 horas.

Manuel PradoO xoves día 28 de Abril, ás 21:15 horas do serán, terá lugar a presentación da candidatura do PSdeG-PSOE de Melide no hotel Carlos 96, sito na rúa Avda. de Lugo. A cadidatura conta con varias novas, entre as cales se pode destacar a presencia de Manuel Prado como único candidato que repite con relación á anterior lista do partido. Ademais a lista conta con un número equiparable de homes e mulleres, comprometidos co pobo de Melide, dispostos a traballar decote.

Supoño que nos vindeiros días terán lugar actos semellantes do resto de forzas políticas melidenses, aínda que non me sorprendería que algún partido preferise gardar folgos para a campaña electoral.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS