3 Xaneiro, 2011
No programa de A Tarde de hoxe, aproveitando o cambio de década, botamos unha ollada ao pasado, para lembrar o que mudou o mundo da tecnoloxía en pouco tempo:
Dá a impresión de que nos últimos 10 anos matamos máis tecnoloxías que nos 30 anos anteriores. Antes considerabamos vellos os discos de vinilo e as cintas VHS, pero pouco a pouco iremos vendo cos mesmos ollos outras tecnoloxías actuais como xa estamos a facer cos monitores de tubo, os CD, o euroconector… e as memorias USB, as cámaras dixitais, as tarxetas microSDHC e os conectores HDMI de seguro que non van ter melllor fortuna.