A estrela de Viñetas desde o Atlántico: Terra de Man

A xente está a flipar nesta edición de Viñetas desde o Atlántico pola comercialización de Terra de Man, un produto difícil de describir (¿novela?), creado e producido por un...

Flipando con Terra de Man
A xente está a flipar nesta edición de Viñetas desde o Atlántico pola comercialización de Terra de Man, un produto difícil de describir (¿novela?), creado e producido por un habitual do certame, Alejandro García, a quen é doado ver en eventos frikis cunha cinta de Naruto na cabeza ou cun sombreiro de Sherlock Holmes.
Segundo comentan, a obra tivo unha tiraxe de 450 exemplares (¡menudo optimismo!) e o seu prezo é de 12 euracos, polo que quedei totalmente abraiado ao saber que venderan máis de 4 números da publicación que promocionan no seguinte vídeo:

O mellor do vídeo é a recreación pixel perfect do esquío felino capturada cunha versión sen rexistrar do HyperCam 😀

Por desgraza, perdín a presentación da obra e a sinatura de exemplares que fixo o autor na carpa que hai no medio de Viñetas, pois coido que o volume vai ser máis representativo desta edición da feira do cómic que a propia guía oficial das exposicións.

ACTUALIZACIÓN (17-8-2010): Para quen non o cría, as Bibliotecas Municipais de A Coruña veñen de publicar no Facebook unha fotografía coa presentación oficial de Terra de Man na carpa de Viñetas:
Juan Carlos Sanmiguel presentando a Álex García e o seu Terra de Man

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS