Non é preciso dicir que son un defensor do DNIe, polas vantaxes que achega de cara á identificación na Rede e, en boa medida, como sistema que evita a introdución de datos de identificación nas páxinas web de entidades bancarias (polo que aínda que teñamos un keylogger instalado no noso equipo, sen ter o DNIe físico, non poderán entrar na nosa conta corrente).
Como esta nova tecnoloxía que entre outras cousas achéganos á Administración non é moi coñecida, é preciso realizar campañas de divulgación como a que estes días tivo lugar na Coruña, e da que deron conta esta mañá no Bos Días:
Uff, ¡quedei flipadísimo ao ver a reportaxe! Concretamente a partires do minuto 1:30, onde ilustran perfectamente cómo non colocar un DNI electrónico no seu correspondente lector USB. Non hai que ser un lumbreras para saber que o chip do DNIe ten que ir dentro do lector (coma, por exemplo, coas tarxetas do bonobús) pois polo momento os nosos documentos de identidade non van por radiofrecuencia (por fortuna).
A metadura de zoca non tería a maior importancia se non fose porque estamos a falar dunha sesión de formación. Así pois, á pregunta inicial da reporteira (¿realmente sabemos cómo empregalo?
) a resposta é clara: non. Agardo que isto só sexa unha anécdota, e realmente estean a fomentar a pé de rúa o uso do DNIe, para que cada vez teñamos máis servizos da eAdministración dispoñibles e non teñamos que desprazarnos ás dependencias públicas a facer cola e cubrir formularios.
9 Marzo, 2010