A polémica da depuradora do Polígono da Madanela resístese a abandonar a actualidade melidense, e agora dende o Partido Popular de Melide solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para botar luz sobre o tema, tal e como anunciaron en rolda de prensa o pasado sábado:
O tema tamén foi tratado nas páxinas de La Voz de Galicia o pasado domingo:
El PP forzará al bipartito de Melide a explicar la gestiones para la depuradora industrial
- El grupo popular solicitará un pleno extraordinario ante el silencio de BNG y PSOE
El PP de Melide solicitará la convocatoria de un pleno extraordinario para obtener del gobierno local una explicación sobre las gestiones vinculadas a la depuradora prevista en el polígono industrial, que han sido puestas en entredicho por el grupo en la oposición melidense al desvelar que la alcaldesa, Socorro Cea (BNG), certificó el final de la obra cuando no llegó a iniciarse. «O PP e Melide precisamos unha resposta porque, ante o mutismo absoluto de Socorro Cea, non sabemos nada do que vai facer para resolver o problema», afirmó ayer la portavoz municipal de PP, Ánxeles Vázquez, para justificar la petición de la sesión extraordinaria.
«Non se nos deixa ver o expediente da obra ata o próximo 9 de abril, non houbo unha xunta de portavoces, nin tampouco se deron explicacións públicas», afirmó la edila popular para recordar que la última información conocida al respecto ha sido la obtenida en la reunión que, el pasado 8 de febrero, mantuvo con el director xeral de Industria en presencia de la propia regidora. Ha sido en ese encuentro en el que trascendió que la construcción de la depuradora había sido certificada, tal y como denunció, semanas atrás, Ánxeles Vázquez, que, en la comparecencia de prensa que ofreció ayer para anunciar la solicitud de un pleno extraordinario, aseguró que Socorro Cea rechazó la solución que le ha sido ofrecida desde la Xunta al haber vencido el convenio suscrito hace dos años para la estación de tratamiento de aguas residuales.
«Negouse a prescindir dese convenio para firmar outro a principios deste ano», denunció la portavoz del PP de Melide, que, al hilo, acusó a la alcaldesa nacionalista de «preferir optar por unha ilegalidade posto que o ter certificado o remate da obra sen que chegase a iniciarse significa que se admitiron facturas falsas». La inversión convenida para la construcción de la depuradora industrial ascendía a 437.000 euros, según recordó Ánxeles Vázquez, que mantiene su anunciada intención de poner los hechos en conocimiento de la autoridad judicial competente. «Estamos sendo prudentes e, polo de agora, non adoptamos ningún tipo de medida xudicial á espera de recibir do goberno local as explicacións oportunas», explicó la edila popular, que también tuvo palabras de críticas para el socio del BNG en el gobierno melidense, el socialista Manuel Prado, después de que expresase públicamente su apoyo a la alcaldesa. «Está sendo cómplice dun presunto delito», afirmó Vázquez, que se pregunta «por que nos enredan nesta polémica se non teñen nada que ocultar».
Todo un tema de contrastes, no que o BNG dá a calada por resposta mentres que o PP achega información nos xornais, no seu blog, en televisión, en vídeo e en comparecencias públicas. Agardemos que nos vindeiros días mellore a comunicación sobre o tema, e finalmente poidamos coñecer a versión do Concello, que faise de rogar demasiado.
ACTUALIZACIÓN (4-3-2010): David Barrio vén remitir a seguinte nota de prensa:
A Xustiza falla contra o Concello de Melide e declara improcedente o despedimento dunha traballadora da escola infantil local
A Asesoría Xurídica de UGT ven de recibir a sentenza do Xulgado do Social Nº 5 de A Coruña, fallando contra o Concello de Melide, en defensa da traballadora que ocupaba o posto de educadora na Escola Infantil de Melide -suxeito á subvención da Xunta de Galicia-, dende o 17 de novembro de 2008, por mor dun concurso-oposición de persoal laboral temporal.
No fallo se estima e declara a improcedencia do despedimento, condenando ao Concello á readmisión ou indemnización da traballadora.
UGT considera que estamos ante un caso de abuso de poder e falta de sensibilidade da Administración local, dada a situación de precariedade laboral que estamos a sufrir por mor da crise que afecta, sobre todo, ás familias traballadoras.
UGT, na defensa do traballo estable na Administración, espera dos responsables das administracións públicas, en xeral, e do Concello de Melide, en particular, que sexan conscientes e consecuentes coa situación de precariedade e inestabilidade de moitos empregados públicos. UGT non pode defender a política de contratacións e despidos continuos que practica nos últimos anos o Concello de Melide.
Pídese á alcaldesa de Melide que, no uso do seu poder de opción, procure a reincorporación da traballadora no seu posto.
Para UGT, é inadmisible que non se produzan as readmisións dos empregados públicos nestes casos, sendo inaceptable a indemnización por despido, pagada con fondos públicos, e especialmente grave se a proposta e a execución ocorre baixo un goberno que se di “progresista”.
A maiores, Barrio engadiu que o Concello de Melide acaba de readmitir á traballadora María del Mar Vázquez Casanova, educadora infantil, segundo manifestou a propia afectada e confirmado a un medio de comunicación
.
ACTUALIZACIÓN (11-3-2010): a poucas horas do pleno municipal sobre a EDAR, na web do Concello aparece a súa convocatoria.
Debe estar conectado para enviar un comentario.