Bos Días a Battle of Puppets

Esta mañá no Bos Días da TVG coincidín cos mozos de Small Wonders, un estudo de videoxogos con sede en Lugo que veñen de desenvolver un dos mellores xogos...

Esta mañá no Bos Días da TVG coincidín cos mozos de Small Wonders, un estudo de videoxogos con sede en Lugo que veñen de desenvolver un dos mellores xogos para iPhone do que vai de ano, Battle of Puppets, que recomendo a todo aquel que teña un iPhone ou iPod Touch:

Foi moi agradable coñecer en persoa a Juan Araújo (con quen só tivera contacto a través da Rede e o teléfono) e a Joan Albero, cos que falei un bo anaco de videoxogos ao rematar a nosa intervención no programa. Xa me tarda ver os 2 novos xogos que teñen proxectados para o que resta de ano, pois coma sexan tan divertidos e simpáticos coma o Battle of Puppets garantiranme moitos pequenos momentos de lecer. 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS