Ordenadores obsoletos para difundir as TIC

Cando leo algunhas informacións sobre a dinamización TIC en Galicia tendo a pensar que vaise por bo camiño, xa que os sectores produtivos da sociedade van entendendo o que...

exterior do camión DifundeTic
Cando leo algunhas informacións sobre a dinamización TIC en Galicia tendo a pensar que vaise por bo camiño, xa que os sectores produtivos da sociedade van entendendo o que é iso da Internet, e as portas que abre, de aí que aplauda iniciativas coma o proxecto DifundeTic (aínda que non guste do feito de que escriban dúas letras dun acrónimo en minúscula).
A miña sorpresa é cando vexo á secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e ao presidente de AGESTIC, José María López, visitando o autobús do proxecto:
interior do camión DifundeTic
¿Por qué estou flipando en cores? Porque, en primeiro lugar, parecíame raro ver unha pantalla CRT nun equipo informático actual, pero ao fixarme caín na conta de que estaba a ver un iMac G3 de 1999. E chego a precisar o ano porque no 2000 estes equipos tiñan unha lectora de CD slot-in. Ou sexa, que para adentrar aos empresarios nas tecnoloxías da información e da comunicacións están a utilizar uns equipos baseados en procesadores PowerPC a entre 233 e 333 MHz cun mínimo de 32 Mb de RAM, lector de CD-ROM, sistema operativo Mac OS 8.5 (ou superior) e unha pantalla de 15 polgadas (con só 13,8 polgadas visibles), ou sexa, uns ordenadores nos que moitas das páxinas web actuais non cargan nin de coña, que utilizan un sistema operativo irrecoñecible (os Mac OS 8 e 9 son moi diferentes do Mac OS X) e que, pese a ser un dos equipos máis sinxelos e fermosos da historia (tanto os primeiros iMac coma os primeiros iBook foran unha marabilla do deseño), hoxe en día están moi lonxe de ser válidos para traballar, e deberían estar nun museo.
autobús de galiciadixital.com no MITEPúxenme a revisar as novas relativas a autobuses deste tipo en Galicia, e resulta que teñen o todos o mesmo equipamento, polo que entendo que a compañía que xestiona o autobús de AGESTIC bótalle moito morro ao asunto, pois leva máis de 10 anos sen renovar os seus equipos. De feito, facendo memoria, coido lembrar cando botou a andar ese trasto, e sería nos tempos do MITE de Silleda, cando estaba presente o autobús de Galicia Digital, equipado con equipos de Apple.
Entendo así que os responsables do autubús supostamente tecnolóxico (eu definiríao coma arqueolóxico) levarían uns cantos anos tomándolle o pelo á Administración galega, pois tanto a Xunta actual como a do bipartito empregaban este vehículo (baixo distintos nomes) para impartir formación pola xeografía galega. Se os políticos soubesen onde se meten cando van botar unhas fotos no devandito autobús, de seguro que non deixaban que os retratasen entre unha serie de equipos que contradín a mensaxe que queren transmitir á sociedade.

O lado positivo de todo isto é que demostrarían que os ordenadores de Apple son capaces de seguir funcionando despois de máis de 10 anos de uso constante e recibindo moita caña (móvense moito e os seus usuarios non teñen experiencia). ¡Un dez para os iMac G3!

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...