A xente non confía nos operadores de telecomunicacións

Este luns, ás 10:00 horas comeza na Fundación Caixa Galicia (na Rúa do Vilar en Compostela) unha xornada sobre a relación entre os consumidores e os operadores de telecomuniacións...

Este luns, ás 10:00 horas comeza na Fundación Caixa Galicia (na Rúa do Vilar en Compostela) unha xornada sobre a relación entre os consumidores e os operadores de telecomuniacións organizada pola Unión de Consumidores de Galicia, que promete ser moi interesante, e contará coa presenza de Víctor Domingo (presidente da Asociación de Internautas), Carmen Rodríguez (ADECES) e Adolfo Varela (ex membro do Consello Asesor de Telecomunicacións) entre outros, coma o secretario da entidade organizadora, Miguel López Crespo, que este venres deu uns interesantes consellos no Bos Días da TVG:

Sobre a caída da confianza en Galicia, a Unión de Consumidores de Galicia amosaba os seguintes resultados:
Confianza nos operadores de telecomunicacións en Galicia
Podedes ver aí coma o que comenta Miguel é alarmante, pois nun ano a proporción de persoas que non confían en ningún operador pasou dun 4,4% a un 16,6%, aínda que a min tamén sorprendeume ver que R veu caer a súa confianza un 18,55%. ¿A qué pode deberse esta perda de confianza? ¿Será que coa conxuntura económica desfavorable a xente mira máis o peto?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS