Non esquecerei a John Hughes

Nas últimas horas deixounos John Hughes, director/produtor de grandes películas que moitos considerarán auténticos putruños pero que marcaron unha xeración. Entre as súas obras quedaron a ñoña Dieciseis velas...

Nas últimas horas deixounos John Hughes, director/produtor de grandes películas que moitos considerarán auténticos putruños pero que marcaron unha xeración.
Entre as súas obras quedaron a ñoña Dieciseis velas (imprescindible para entender a saga de películas de Kevin Smith), La Mujer Explosiva (que incluso deu pé a unha serie de televisión tan cutre como a película orixinal), El Club de los Cinco (todo un himno para moitos mozos dos anos 80), Todo en un Día (unha das películas coas que máis rin no seu día, non por Ferris Bueller, senón polos personaxes secundarios… tamén inspirou unha serie de televisión) e Solos con nuestro tío (con John Candy). Podemos lembrar tales filmes na seguinte montaxe:

Hughes tamén produciu pelis como Solo en Casa (as 3 partes), 101 Dálmatas ou Daniel el travieso e guionizou a saga de Beethoven polo que parece que nos últimos anos cambiara das películas de adolescentes ás de nenos e mascotas.
Coido que levaba unha década fóra da circulación (aínda que facendo algunha cousiña que outra) pero para min é unha das grandes figuras do cine de finais do século XX. A este momento acáelle ben o tema Don’t You (Forget About Me) dos Simple Minds que aparecía na banda sonora de El Club de los Cinco:

Ver letra ▼

A versión que fixeron os Yellowcard hai 4 anos tampouco está mal:

ACTUALIZACIÓN: Seguindo cos pasamentos, hoxe tamén di adeus Willy de Ville, a quen todos lembramos polo seu Hey Joe e o emblemático Demasiado Corazón:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS