Novo directo de Zapping o vindeiro xoves

Este xoves (véspera de festivo) de 20:30 a 22:30 horas terá lugar no Centro Cívico Municipal de Labañou o segundo destes directos mensuais de Zapping, que como ben sabedes,...

Zapping no centro cívico de Labañou
Este xoves (véspera de festivo) de 20:30 a 22:30 horas terá lugar no Centro Cívico Municipal de Labañou o segundo destes directos mensuais de Zapping, que como ben sabedes, é o mellor xeito de gozar deste tipo de experiencia radiofónica, cunha participación moi especial do público (que pode confirmar a súa asistencia a través de Facebook).
Un encontro ideal para continuar de rachí o que queda da noite (pois ao día seguinte toca celebrar o Día do Traballo… folgando).

Á espera dese día, déixovos coa gravación do anterior directo:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • Como ser Armario Empotrado chega aos escenarios

    O vindeiro venres estréase na Illa de Aurousa o novo espectáculo de Marcos Pereiro, Como ser Armario Empotrado, un monólogo que durante un par de meses percorrerá Galicia en...
  • Marcus, p.i. na Radio Galega

    Seguindo unha broma sobre a sintonía da miña sección no programa A Tarde da Radio Galega, pedín ao actor Miguel Pernas que berrase o meu nome para metelo na...