O Facebook galego no Faro de Vigo

Grazas a unha entrada no blogue de Manuel Bragado (actualmente na Blogaliza) entereime de que o Faro de Vigo publicou no seu suplemento Estela un artigo sobre Facebook (que...

Grazas a unha entrada no blogue de Manuel Bragado (actualmente na Blogaliza) entereime de que o Faro de Vigo publicou no seu suplemento Estela un artigo sobre Facebook (que podedes descargar en formato PDF) para o que contaron coa miña opinión:
páxina 1páxina 2páxina 3páxina 4
Gustei moito de que tivesen en conta as miñas suxestións para o artigo, especialmente á hora de dar conta de curiosidades que podemos ver en Facebook, pero cando me preguntaron sobre o tema non tiña acceso a certas métricas sobre o servizo en España, de xeito que agora atreveríame a asegurar que o número de usuarios galegos non só é duns 100.000, senón que estaría entre 100.000 e 200.000, polo que é algo a ter moi en conta.
¿Ata onde chegará esta plataforma para redes sociais? ¿Imporase a Tuenti entre os mozos? ¿Por qué Tuenti e Facebook trunfaron nalgo no que Microsoft, Google e incluso MySpace fracasaron? É moi difícil responder a estas incógnitas, pero eu pregúntome: ¿canta xente da que le este espazo utiliza Facebook? Porque ultimamente hai moitas webs que están a facer uso de Facebook Connect para poder utilizar os usuarios de Facebook para facer comentarios en blogs. ¿Contará con boa aceptación esta opción ou verase como unha ameaza á nosa intimidade?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS