O mitin do PSdeG en Melide o pasado sábado

Esquecín falar do tema durante a semana, pero dado que esta noite hai mítines en Melide do PP e o BNG, considero oportuno lembrar que o Día de San...

Esquecín falar do tema durante a semana, pero dado que esta noite hai mítines en Melide do PP e o BNG, considero oportuno lembrar que o Día de San Valentín tamén fixo o propio o PSdeG.
Manolo
Manolo Padro encargouse de facer a presentación o encontro que tivo lugar no CEIP nº 1, lugar que había moito tempo que non visitaba, e que lembraba de pasados mítines (pois as clases de ximnasia da EXB xa as teño bastante esquecidas). Foi breve, en consideración aos asistentes, posto que estabamos nunha noite sinalada, e así deixábase á xente libre para cear despois do mitin.
José Antonio Prado
José A. Prado foi quen deu o punto de vista máis local do discurso político, cunha exposición moi ben feita e unha verba fluida que me sorprendeu positivamente. Resulta agradable ver como alguén que chegou á política hai pouco tempo se defende tan ben.
Tamén lanzou unha proclama en favor das Xuventudes Socialistas cando comentou o para apoiar ao PSdeG:
Queres que volvan?
Méndez Romeu
Méndez Romeu deu un discurso propioda campaña electoral, pois non hai que esquecer que estamos a falar con conselleiro de Presidencia, polo que o que el di é coma se o dixese o propio Touriño.
Elena EspinosaE como estrela da noite tivemos á ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, a galega Elena Espinosa, que se esforzou en falar galego durante toda a súa intervención, o que é de agradecer, pois supoño que os discursos sairanlle naturalmente en español, e ao cambiar ao galego seguro que ten que pensar máis o que di.
Entre as cousas que comentaron no mitin destacaría o feito de que estimaron en medio millón de euros o investimento da Consellería de Presidencia en Melide pese a que Méndez Romeu non pasou pola vila para quitar a foto, mentres que Espinosa cifrou en 1,5 millóns de euros a cantidade económica do Plan-E que vai corresponder á nosa vila para dar un pulo ao emprego nestes tempos de crise.

Esta noite procurarei pasar polo resto de mítines (a ver se dou feito) para poder contrastar cal foi o impacto melidense desta campaña electoral, que por fortuna reservou os seus encontros públicos para as fins de semana, o que me permite asistir aos eventos (nas municipais non tiven esa sorte).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS