O Saturday Night Live ¿español?

Admito que gusto bastante de certos momentos históricos do Saturday Night Live, especialmente as actuacións de Christopher Walken, e agora que hai unha versión española do programa non esperaba...

Admito que gusto bastante de certos momentos históricos do Saturday Night Live, especialmente as actuacións de Christopher Walken, e agora que hai unha versión española do programa non esperaba que tiveran o morro de homenaxear os sketches máis coñecidos, coma o mítico More Cowbell:

En España en vez do Blue Oyster Cult poñen a Barón Rojo, pero a cousa perde bastante:

Ou son eu moi tiquismiquis ou a versión española está a anos luz da orixinal, que fixo do «More Cowbell» unha frase dentro da cultura popular americana (como as empanadillas facendo a mili en Móstoles de Encarna). ¿Non deberían deixar de lado os grandes éxitos do Saturday Night Show e facer humor orixinal?
Haberá que darlle ao programa o beneficio da dúbida, pero que en España non sexa en directo nin o sábado, e parte dos contidos estean fusilados da versión estadounidense estame a tirar un pouco para atrás.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS