¡Cítanme nun libro de galego de 2º da ESO!

Cando hai ano e medio escribín unha colaboración para a revista Tempos Novos falando dos blogs galegos para chamar á reflexión sobre a opción lingüística dos blogueiros (que nuns...

Lingua e Literatura 2º ESOCando hai ano e medio escribín unha colaboración para a revista Tempos Novos falando dos blogs galegos para chamar á reflexión sobre a opción lingüística dos blogueiros (que nuns casos escriben en galego para chegar á xente máis próxima, e noutros casos prefiren universalizar a súa audiencia co uso do español) non agardaba que o texto acadase unha repercusión especial, pero comentáronme que saía unha referenza ao mesmo do libro de Lingua e Literatura 2º ESO (2008) de Edicións Xerais, o que me deixou bastante flipado.
Finalmente tiveron a ben mandarme un escaneo da páxina para que vese que era certo:
Extracto do libro de galego de Xerais

Son consciente de que iso non pasa de ser unha anécdota, pero fíxome ilusión que os mozos galegos vaian ler un texto meu no instituto. Poderíalles caer peor castigo… 😉

ACTUALIZACIÓN: Este tema tamén estase a comentar en Chuza e no blogue de Manuel Bragado.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS