¿Aínda seguen coleando os virus informáticos?

Hoxe no programa Punto de Encontro da Radio Galega falei con Pepe Carreira sobre un informe de INTECO que segundo a prensa aseguraba que o 80% dos ordenadores domésticos...

condón informáticoHoxe no programa Punto de Encontro da Radio Galega falei con Pepe Carreira sobre un informe de INTECO que segundo a prensa aseguraba que o 80% dos ordenadores domésticos estaba infectados con algún virus informático, e tiven que precisar que 8 de cada 10 equipos están afectados por software malicioso ou malware, que non é o mesmo que virus informáticos, e incluso penso que na actualidade os virus están practicamente extinguidos.
Si, non paran de saír alertas de novas ameazas, pero eu non lembro a última vez na que detectei un virus no meu equipo nin nun ficheiro descargado da Internet. O que detecto son aplicacións espía e troianos, pero non os virus que hai anos corrompían a instalación de Windows, borraban os datos do disco duro ou facían calquera outra satanada.
os troianos son agora moi frecuentesAínda lembro os tempos do Barrotes, o Rasec ou o Tobacco, pero hai moito que non vexo por aí ningunha bestia parda, polo que sospeito que xa non existen, de xeito que hoxe tendemos a confundir os troianos (que incluso poden ser máis fastidiosos) cos virus, pois a única diferenza é o método de propagación. Digamos que un virus se replica por si mesmo, mentres que un troiano normalmente está colocado nunha aplicación que nós instalamos voluntariamente (normalmente se camuflan en xeradores de números de serie e cracks para piratear aplicacións de pago ou se fan pasar por programas coma o Messenger dende webs non oficiais).
Dende INTECO aseguran que 1 de cada 3 usuarios detectou incidencias por virus informáticos (penso que a xente confunde os distintos tipos de malware) aínda que tamén resulta curioso que só o 32,8% dos usuarios perciban o problema se están afectados o 81,6% dos equipos informáticos. Ou sexa, que hai moito bicho que pasa desapercibido, o que fai precisamente que non se tomen medidas para evitalos.
Eu como mínimo recomendo instalar un programa anti-virus de balde coma ou , pois hoxe en día detectan moitas das ameazas, pero tamén é moi importante ter actualizado o novo navegador web (moita xente segue utilizando o Internet Explorer 6, o que é case un suicidio) e contar cunha devasa ou firewall (para evitar ataques directos dende a Rede e detectar se algún programa instalado intenta conectarse á Internet). Sobre firewalls non vou recomendar ningún, pois hai moitos distintos e admito que para a meirande parte dos usuarios son demasiado complexos.
Despois desta parrafada quixera saber se algún dos que len estas liñas padeceu algún problema vírico no seu ordenador nos últimos meses/anos. ¿Cando foi a última vez que un virus fixo das súas no teu equipo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...