O Download Day na Radio Galega

Esta mañá preguntáronme dende a Radio Galega sobre o lanzamento da versión oficial de Firefox 3: Si, si, xa sei o que me ides dicir. Que o firefox é...

Esta mañá preguntáronme dende a Radio Galega sobre o lanzamento da versión oficial de Firefox 3:


Si, si, xa sei o que me ides dicir. Que o firefox é un oso panda vermello e non un raposo; tampouco está enroscado nunha bola senón no planeta Terra; pero deixando de lado estes detalles (ou o feito de que Mozilla é unha fundación e non unha compañía) o que quedou clarísimo é que o lanzamento está a arrasar, non porque teña moitas descargas (admitámolo, hai moitísimos máis usuarios de Firefox que xente que o vai descargar hoxe) senón porque está a acadar unha repercusión mediática sen precedentes nun produto que, non o esquezamos, non gasta un can en publicidade.

Firefox 3 con GuinnessComparar o lanzamento do Firefox 3 co de Grand Theft Auto IV podería abrir un interesante debate, xa que o GTA estaba apoiado por un forte investimento publicitario de Microsoft (o que fixo que moitos medios redimisen aos videoxogos violentos que están recomendados para maiores de 18 anos) mentres que a Fundación Mozilla conseguiu auténtica publicidade gratuíta.
Agora falta comprobar se moita xente está a descargar o novo Firefox mentres bebe unha Guinness, pois o Libro dos Records é da empresa cervexeira, ¿non? Supoño que para o lanzamento oficial do Firefox 3 en galego haberá que tomar Estrella 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS