¿É posible facer flocos de millo co móbil?

A pasada fin de semana vin nun informativo un vídeo duns mozos facendo flocos de millo valéndose de varios móbiles: O clip ten máis de 1 millón de visitas...

A pasada fin de semana vin nun informativo un vídeo duns mozos facendo flocos de millo valéndose de varios móbiles:

O clip ten máis de 1 millón de visitas e é claramente falso. Tede en conta que os flocos para microondas levan aceite e tardan varios minutos (3-4) en facerse a unha potencia de entre 750 e 1.000 W, ou sexa, que se de verdade fose posible facer tal con móbiles a cousa levaría horas (e nin con esas).
¿Qué é todo iso entón? Pois resulta que responde a unha campaña dunha empresa de mans libres por Bluetooth, que di que usando os seus trebellos os usuarios se poden afastar das emisións dos móbiles, aínda que parecen omitir que o Bluetooth tamén é unha tecnoloxía baseada en microondas.

Como campaña viral parece un acerto, pero a verdade é que resulta nefasto que lle metan á xente o medo no corpo coas radiacións dos móbiles, xa que a xente non sabe cómo contrastar se este tipo de vídeos son de verdade e non se fía do que diga a OMS ou as operadoras de telefonía móbil, pois teñen intereses. ¡Viva a teoría da conspiración!

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS