Pork and Beans de Weezer

Alguén lle contou aos de Weezer que certos vídeos na Rede estaban a acadar moito éxito, polo que no seu último vídeo decidiron collelos todos xuntos para chamar a...

Alguén lle contou aos de Weezer que certos vídeos na Rede estaban a acadar moito éxito, polo que no seu último vídeo decidiron collelos todos xuntos para chamar a atención e gañar de paso algo de popularidade virtual:

E a cousa parece que funciona, pois en menos de 24 horas Pork and Beans xa superaron o millón de reproducións en YouTube.
Eu paso de citar as referenzas que fan no vídeo, pois a meirande parte xa as publiquei no seu día no blogue, e os vídeos orixinais son de sobra coñecidos, aínda que habería que lembrar que non se trata de éxitos de YouTube, senón éxitos na web, pois algún dos personaxes non só non naceron en YouTube, senón que son anteriores a tal servizo de vídeo. Só engadirei que ¡falta Rodolfo Chikilicuatre!

ACTUALIZACIÓN: En pixel y dixel detallan as referencias do vídeo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS