¿Ata que prezo van baixar os ordenadores portátiles?

Nos últimos anos entendiamos que os ordenadores portátiles tiñan unha barreira psicolóxica de 100.000 pesetas (600 euros) que dificilmente se podería reducir, pero no hai poucos meses o prezo...

Nos últimos anos entendiamos que os ordenadores portátiles tiñan unha barreira psicolóxica de 100.000 pesetas (600 euros) que dificilmente se podería reducir, pero no hai poucos meses o prezo de referenza é xa 499 euros, o que sorprendía a moitos consumidores, que pensaban que os estaban a timar, pero para un usuario normal é un equipo suficiente de máis.
Por outra banda están os ultraportátiles de baixo custo, que en España comezan polo Airis Kira 100 a 299 euros, que teñen unhas prestacións ridículas, de xeito que só se entenden coma un equipo para ter grande mobilidade (ou sexa, para viaxar ou para levar a conferencias, pero non coma ordenador principal).
Pero agora está a emerxer un equipo intermedio entre os dous anteriores, sería un portátil de baixo custo, ou sexa, portátiles completos pero cun prezo semellante aos de baixo custo, que acaban de sorprenderme, pois ata o momento só vira algún a 399 euros, e resulta que en APP teñen un a 365 euros:
Portátil HP 530
¡¿365 euros por un portátil de HP?! ¿Cal é a trampa? Pois resulta que este tipo de equipo sería o que custaría 499 euros hai uns meses, pero ao quedar obsoleto o teñen que saldar, de aí un prezo que dificilmente rendibilizaría a súa fabricación.
O ordenador non está moi mal, pois ten un procesador Celeron M520 a 1,6 GHz (vaia, que non é un dobre núcleo, pero para aplicacións básicas serve perfectamente), 1 Gb de RAM (ampliable a 2 Gb), gravadora de DVD, disco duro de 120 Gb, pantalla de 15,4 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, Windows Vista Home Basic, Wi-Fi e un peso de 2,7 Kg. Vaia, que o seu principal problema é que a súa tarxeta gráfica non ten memoria dedicada, de xeito que con Vista seguro que vai coma o carallo. Con meterlle XP non debería haber problema para facer bo tal ordenador.
Con estes prezos, ¿quen compraría un ordenador de sobremesa agás os xogóns? ¿Gañarán a guerra do baixo custo os portátiles ou os ultraportátiles? Parece que as cousas van a porse movidiñas nos vindeiros meses.

HP no Corte InglésACTUALIZACIÓN: Esta mañá escoitei na radio o anuncio dun equipo semellante ao de APP (tamén de HP) que se vende no Corte Inglés por 449 euros (¡Teñen o morro de dicir que o prezo do equipo é de 699 euros! ¡E que o venden co 33% de desconto!), o que queda claro que non se trata dunha boa oferta. Iso si, o do Corte Inglés vén cunha batería de 6 celas e o de APP cunha de 4, o que é bastante importante pero non creo que xustifique o pago de 84 euros adicionais (pois os equipos de baixa gama non están pensados para funcionar moito tempo sen conectar á corrente).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...