A Voz da inocencia (e o predictor USB)

Franchi vén de avisarme de que a xente da edición dixital de La Voz picou cunha das inocentadas do Primeiro de Abril: O único que lles podo dicir dende...

Franchi vén de avisarme de que a xente da edición dixital de La Voz picou cunha das inocentadas do Primeiro de Abril:
test de embarazo USB en La Voz
O único que lles podo dicir dende aquí aos que escribiron o artigo é que escoiten RadioVoz, pois falamos do tema hai 10 días 😛
Isto confirma o que dixen noutras ocasións: durante as semanas seguintes ao 1 de abril moitos medios de comunicación pican ao atopar as falsas novas. Seguro que incluso o mes que vén aparecen pifias en revistas. Non esquezamos que tanto a prensa como a radio falan periodicamente do bulo do toothing, polo que picar con outras coñas é doado.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente quitaron a ligazón ao inocente artigo da sección de Tecnoloxía de La Voz, pois tanto lectores coma xente da casa se decatou do asunto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...