En BoingBoing amosaron onte un debuxo de Evan Shaner (ten máis debexos, e de grande calidade, na súa galería en DeviantART) no que se ve cómo sería o cómic Watchmen se estivese protagonizado polos personaxes da tira Peanuts (Snoopy) de Charles Schulz. A Shaner pareceulle simpático bromear cunha versión de Watchmen, e iso podería ser só a primeira de moitas outras parodias de comics de Alan Moore.
Aínda que quede simpática a caricatura, os debuxos orixinais de Dave Gibbons tiñan unha calidade impecable e as imaxes que se poden ver polo momento dos personaxes da película que están a facer sobre o popular cómic de Moore parece que lle fan xustiza. Só espero que cando vexa a película no cine non me veña á cabeza a parodia de Shaner, e imaxine a Snoopy e a Charlie Brown na pantalla 😉
2 Abril, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.