En El País de hoxe Forges ilustra a Mariano Rajoy emulando ó famoso cadelo Pancho dos anuncios da Primitiva:
A tira de Forges fíxome graza, especialmente ó pensar que se podería converter nunha trama. ¿Imaxinades a Aznar pedíndolle a Pancho que volvese?
Menuda risa sería, aínda que coido que tralo 9 de marzo o anuncio debería ter a Rajoy facendo de Ramiro Benítez e a Gallardón facendo de Pancho.
O anuncio clásico é xa un dos meu favoritos, especialmente polas tomas de Pancho botando a roupa a lavar ou enfiando unha agulla:
w.youtube.com/v/vwpbAsAzLf4&rel=1″ type=”application/x-shockwave-flash” wmode=”transparent” width=”425″ height=”355″>
A segunda parte tamén era boísima:
Iso si, o spot do 20 aniversario da Primitiva só o vin en YouTube, e pareceume impresionante:
¡Canto xogo pode dar un canciño! Finalmente Pancho colleu o relevo da cadela Pippin ou os cans Rintintín e Rex, aínda que coma siga facendo o preguiceiro por aí adiante vai rematar parecendo Rantamplán 😉