Begoña Pastoriza remitiume unha imaxe dun ticket de Batch-PC no que sae o canon desglosado, e aínda que se trata do canon dixital vello (á vez que se introduce en novos dispositivos, se reduce nos CD e DVD) dá unha boa impresión do que supón esta taxa.
Quero destacar 2 detalles do ticket:
– a caixa de Batch-PC tima ós clientes, pois cobra un IVE do 16,1% ó facer o redondeo (o prezo final tería que ser 18,58 euros). ¿Está autorizado un redondeo que evite dar céntimos nas voltas?
– o canon paga IVE
Esto último paréceme moi grave, pois prexudica ó poder adquisitivo dos consumidores aínda máis. Xa é abusivo que os fabricantes queñan que facer de recadadores de impostos para a SGAE para que ademais teñan que soportar o IVE polo concepto de compensación por copia privada (que despois repercuten en nós).
dixital en Óptize” align=”right” hspace=”4″ />Seguindo co tema, o pasado sábado día 12 recibín un correo electrónico de Óptize convidándome a mercar na súa tenda en liña nas seguintes horas para aproveitar que as novas tarifas do canon dixital aínda non eran oficiais, o que me pareceu unha absoluta torpeza pola súa parte. ¿Están instándome a aproveitar o momento para evitar pagar unha taxa? ¿Non se decatan de que así tamén me están levando a buscar canles alternativas para adquirir produtos sen pagar a compensación por copia privada?
Cando eu vexo un anuncio dunha tenda en liña que vende a tarrina de 100 DVD Verbatim a 27,50 euros está claro que non pagan o canon dixital, pois este xa tería un importe de 44 euros, ou sexa, que de venderse legalmente o sobrecusto dos discos sería de máis do 60% do prezo total do produto, deixando en simples faragullas o 16% de IVE.
¿En verdade alguén ve razoables estas taxas? Porque unha cousa é defender a compensación por copia privada e outra dobrar o prezo de venda de produtos de consumo para compensar só a autores e editores audiovisuais (vaia, que ninguén compensa ás empresas de software e videoxogos polas copias).
Debe estar conectado para enviar un comentario.