Oculta Identidade

¿Quen é Bruno Nieto? Pois resulta que é o director de Nada es lo que parece e que actualmente está a traballar en Oculta Identidade: Pero, ¿por qué falo...

¿Quen é Bruno Nieto? Pois resulta que é o director de Nada es lo que parece e que actualmente está a traballar en Oculta Identidade:
Pero, ¿por qué falo desta produción que farda de ser a primeira serie galega en estrearse na Rede?
Lara Cayetana LagoPois porque se vos fixades no teaser que veño de amosar sae unha reporteira que responde ó nome de Cayetana Calvó e que está interpretada por Lara Lago. ¿Debería dicírvos algo iso? ¿E se engado que en realidade o nome de pía da actriz é Lara Cayetana? ¡Si! ¡É a filla de Fernanda! Nesta tempada fio aparición en Zapping e agora a poderedes seguir grazas ós 10 episodios que compoñen Oculta Identidade.
Dende Galicia Hoxe falaban así desta iniciativa:

Crean na Coruña a primeira ciberserie galega en internet

  • Un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña crean a primeira ciberserie galega na rede

Son a futura xeración do audiovisual galego. Un grupo de estudantes de Produción Audiovisual da Escola de Imaxe e Son da Coruña está a crear a primeira ciberserie galega na rede, Oculta identidade. Dirixida polo celanovés Bruno Nieto, alumno de primeiro curso, a historia xa conta cunha páxina web na que contan o proceso de produción da serie que terá 10 capítulos.
Porén, non é a primeira vez que debutan na rede cunha ciberserie pois conseguiron un éxito máis que notable en castelán con Nada es lo que parece, tamén de 10 capítulos e rodada en Celanova, Vilanova dos Infantes ou Bande que tivo até 9.000 descargas no portal Youtube. O director desta serie, Bruno Nieto,

que tamén foi o responsable de Oculta identidade viuse sorprendido polo éxito en internet. “Non o agardabamos, foi todo sobre a marcha e incluso ampliamos a dez os catro capítulos iniciais”.
Con Óscar Piñeiro, María Galdón e Carmen Álvarez na produción e actores como David Pájaro, Carmen Álvarez, Alberto Castro, Marta Vich, Katiana López ou Marcos Martínez, entre outros, a ciberserie rodarase en xaneiro na propia escola e en rúas da Coruña como a Praza de Pontevedra. “Xa vou polo quinto capítulo e agardo acabar o guión o mércores próximo para que María, a produtora, o desglose e llo pase ós actores que terán un mes para aprendelo”, explica o director e guionista, Bruno Nieto.
A gravación que agardan que lles leve “cinco tardes e unha fin de semana”, será en formato mini DV e a propia escola cederalles as cámaras e o material de son. A trama arrinca coa desaparición de Cristian Pazos, un mozo estudante de Produción do IES Imaxe e Son. A angustia apoderarase dos seus amigos que o intentarán atopar e todo cambiará cando se sospeite quen pode estar destrás da desaparición, alguén cercano ó grupo. En cada capítulo aparecerán novas interrogantes sobre o posible paradeiro de Cristian Pazos. Bruno Nieto edita o guión xunto a Lara Lago, directora de maquillaxe e decorado, que tamén lle outorgará a cada personaxe unha personalidade. Ademais, na rede van colgar dúas versións, en galego, a orixinal que tamén dobrarán ao castelán. A banda sonora virá da man de Carmen Valugo, profesora de música de Ourense. Traballan con moi poucos medios, tan poucos que Bruno Nieto nin sequera fala de financiamento, só de “ilusión” e ganas de traballar xa no que está a estudar.
Consciente de que internet pode ser un futuro profesional, aínda que prefire a televisión, Bruno Nieto valora as prácticas que lle facilitan a aprendizaxe na Escola de Imaxe e Son así como a rapidez da formación. “Sexa o que sexa do audiovisual, gústame todo, por iso decidinme pola escola que en ano e medio me prepara” mentres que en Comunicación Audiovisual da USC “catro anos me parece moito”. A este estudante de primeiro curso de Produción Audiovisual nótaselle a présa por comezar a traballar no que lle gusta. “Pouco a pouco haberá audiovisual galego, a nosa xeración é a que o fará”, conclúe.

Está claro que a produción non estará ó nivel da televisión, pero resultará interesante ver o que son capaces de facer as novas promesas da Escola de Imaxe de Someso.

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS