A polémica rebaixa da PS3

A semana pasada anunciouse a rebaixa da PlayStation 3 de Sony, que non afecta só ó prezo senón tamén ás prestacións, o que hai que mirar con moito ollo,...

PS3A semana pasada anunciouse a rebaixa da PlayStation 3 de Sony, que non afecta só ó prezo senón tamén ás prestacións, o que hai que mirar con moito ollo, pois aforrar uns euros pode non pagar a pena.
Nun principio sairá un modelo caralludo a 499 euros (que era o que se vendía a 599 euros ata o momento) e que inclúe 2 mandos SIXAXIS e 2 xogos, pero o modelo super-barateiro non vén tan completo e prescinde de 2 dos 4 portos USB, do lector multi-tarxetas (que servía para tirar proveito da consola coma Media Center) e reduce o seu disco duro de 60 a 40 Gb, aínda que o máis grave é que perde a retrocompatibilidade, ou sexa, ¡deixa de ser compatible cos xogos de PlayStation e PS2!
En Europa a retrocompatibilidade xa se facía mal (por software, mentres que a versión NTSC inclúe un chip que fai tal operación moito mellor) e ó perderse é todo un problema, xa que non se pode retirar á vella PS2 a un caixón (aínda quedan moitos bos xogos para a mesma) e se perde unha funcionalidade que se daba por suposta. Así, quen vaia mercar a consola no Nadal deberá sopesar o asunto, especialmente se ten pensado mercar un controlador adicional (ante o que optar pola versión de 499 euros sería indiscutible).
De tódolos xeitos, a PS3 continúa a ser moi cara e aínda non ten xogos rompedores, polo que sospeito que ata ben avanzado 2008 non acadará a posición que merece no mercado.
Deste tema, e doutros máis, falei esta mañá con Isidoro Valeiro en Voces de Galicia:

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...