Loita polos bicos

Non gusto moito das follas de afeitar de Wilkinson, pero dos seus anuncios… ¡a cousa é ben distinta! Vese que os publicistas saben o que se move na Internet,...

Non gusto moito das follas de afeitar de Wilkinson, pero dos seus anuncios… ¡a cousa é ben distinta! Vese que os publicistas saben o que se move na Internet, e lanzaron unha campaña impulsada por un trailer caralludo que leva a unha web na que se pode descargar o xogo Fight For Kisses (Loita polos bicos). Mira o trailer agora:
E xa sabes o que toca: descarga o xogo, instálao… ¡e a hostias! 😛
Aínda que igual vos conformades con pór a seguinte imaxe de fondo do voso escritorio:
Fight for kisses wallpaper
NOTA: O xogo é malo con ganas, e seguro que tería máis éxito de poderse xogar na web (ou sexa, se estivese feito en Flash). Sobra dicir que está moito máis currado o xogo de Extreme Pamplona, pero neste caso o anuncio que leva ó xogo é glorioso (¡menudos momentos Matrix!).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS