5 Setembro, 2007
Satoko Shinashi é unha xaponesa mona como podedes ver na seguinte imaxe:
Pero resulta que a moza é loitadora (en plan WWF), cun estilo que deixa a Hulk Hogan, Lex Luger ou o Último Guerreiro á altura do betún, como podes ver no seguinte vídeo:
Non son fan deste tipo de espectáculo, pero admito que a técnica da rapaza me deixou máis apampado do que estou normalmente. Como fagan unha película de Son Goku xa sabemos quen pode facer de Chi Chi 😛