Tenacious D

Se algo lembro ben da película de Alta Fidelidad son as frikadas de Jack Black, pero que aparte de comidias para nenos tamén ten algunha bastada mítica coma Tenacious...

Tenacious DSe algo lembro ben da película de Alta Fidelidad son as frikadas de Jack Black, pero que aparte de comidias para nenos tamén ten algunha bastada mítica coma Tenacious D, que foi unha serie de televisión nacida dun falso grupo musical nacido da película Bio-Dome (a grande cagada cinematográfica de Kylie Migone, con perdón a Street Fighter). A serie orixinal tería 6 episodios e logo tamén daría lugar a unha película: Tenacious D in The Pick of Destiny (Tenacious D: Dando la nota). Esta peli tería que ter chegado a España este verán coincidindo coa película dos Simpson (ou sexa, que supoño que me pasou desapercibida, polo que tería que agardar ó DVD para vela) e que promete moito a tenor desta promoción:
Quen queira revisar a canción, tamén pode ver o vídeo musical:
Ver letra ▼

O fantástico clip é obra do autor de Ren e Stimpy (John Kricfalusi), que tamén fixo para eles o Fuck her gently:
Ver letra ▼

Os vídeos non son precisamente aptos para tódolos públicos, e Dani tamén recomenda en Freak’s City un excelente tributo musical feito por Tenacious D. Uff, coido que vou ter que estar atento a unha banda que podería converterse no Spinal Tap do século XXI.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS