Blog Day 2007

Outro ano máis hai que celebrar o Blog Day recomendando 5 blogs alleos e non relacionados, ou sexa, espazos que non pertenzan ó blogroll nin a usuarios habituais, para...

Blog Day 2007Outro ano máis hai que celebrar o Blog Day recomendando 5 blogs alleos e non relacionados, ou sexa, espazos que non pertenzan ó blogroll nin a usuarios habituais, para promover a blogosfera e evitar a endogamia. Iso fai así que a tarefa sexa complicada e que as recomendacións non sexan todo o boas que deberían, pero eu lánzome a recomendar 5 cadernos dixitais:
Carallo World: é un espazo para a carallada, que coincide en moitos contidos co meu blogue, pero que se gañou a miña recomendación só pola publicación da seguinte tira:
patacas galegas por ebay
O Blog de Paula García: non debería recomendar este blogue porque xa falei do mesmo cando saíu na Galega, pero a información canina das últimas semanas valéronlle a miña atención. Velaquí unha mostra dos cadeliños:
Paula cos cadelos
PorcographicMonkeyzen: Blog moi preocupado polo deseño, que conta cunha boa sección sobre orixinais camisolas como as de Porcographic ou a de Nerdy Shirts inspirada en Street Fighter II
Smashing Magazine: blog en inglés no que amosan elementos do deseño gráficos dignos de mención. Amosan así recompilacións de iconas, seleccións de blogs con bo deseño ou amosan páxinas web de erro (404) moi orixinais. Alí atopei a seguinte imaxe de Neil Duerden (menuda paciencia teñen que ter algúns deseñadores):
Imaxe de Neil Duerden
Testosterona: debe de ser un dos blogs cun nome que mellor indica a súa temática, pois destaca por empregar calquera desculpa para por imaxes de mozas cachondísimas, pero de cando en vez nos sorprende con imaxes como a seguinte:
Orxía en directo
¿A que parecen fotografías tomas durante unha orxía sexual? Pois non é o que parece.

E ata aquí o Blog Day 2007. Agardo que as miñas recomendacións fosen do voso agrado, aínda que procurarei recomendar moitas máis webs durante o ano (iso de agardar ó 31 de agosto para ligar a outros espazos só o fan os blogueiros preguiceiros).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS