17 Agosto, 2007
As versións de cancións en moitos casos produce auténticas marabillas, coma o Esmaghare de Xarín, e onte pola tarde, tanto no blog de Suevo coma en Chuza falan dun vídeo de Ialma gravado en 2005 co título Lévame (segundo aparece en MySpace), que vén ser unha versión do Under the bridge dos Red Hot Chili Peppers, e resulta un exemplo moi significativo de cómo se pode adaptar unha canción respectando o seu espírito e dándolle unha aparencia propia: