¡Menudos xoguetes!

O outro día déuseme por pasar pola sección de xoguetes do Carrefour para ver se había moitas cousas dos Transformers (son así de friki) e atopei cousas moi rariñas,...

Spider-Man CantarínO outro día déuseme por pasar pola sección de xoguetes do Carrefour para ver se había moitas cousas dos Transformers (son así de friki) e atopei cousas moi rariñas, como unha versión de Mr. Potato en plan Optimus Prime que chaman Optimash Prime, un casco de Optimus Prime e varios bonecos que non parecían ter moi claro cómo era a vindeira película, pois as versións de Megatrón eran totalmente diferentes dunhas a outras. Pero a cousa non rematou aí, senón que debaixo dos Transformers había un xoguete que me deixou flipado: o Spider-Man Cantarín.
Podédelo ver en acción:
Ó subilo a YouTube xa me apareceron outros vídeos semellantes que amosan o boneco en acción con máis calidade, polo que vexo que non son o único ó que lle pareceu sumamente raro ese boneco que non pasa de ser unha versión rariña do Epi Bailarín pero cunha canción absurda que parecía mesturar a música da serie de televisión de Spider-Man dos anos 70 coa serie de Las aventuras del Hombre Araña y sus sorprendentes amigos que botaban en La 2. ¿Alguén entende de onde podería ter saído tal mestura musical? ¿Son o único a quen lle parece tan absurda como a versión que facía Peter en Padre de Familia?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS