Censuran un novo anuncio de condóns nos EE.UU.

Trojan lanzou unha nova campaña publicitaria dos seus condóns nos EE.UU. baixo o lema Evolve (ou sexa, evoluciona) que vén de ser rexeitada pola CBS e a FOX, o...

Anuncio de condóns Trojan
Trojan lanzou unha nova campaña publicitaria dos seus condóns nos EE.UU. baixo o lema Evolve (ou sexa, evoluciona) que vén de ser rexeitada pola CBS e a FOX, o que critican duramente dende Planned Parenthood xa que os argumentos das canles son bastante ridículos (por decir cousas que non gustan de que no anuncio se asocie o sexo e o alcohol) pois lembremos que a FOX é a canle que emite The O.C. (serie con máis de 6 esceas de sexo por hora) e a CBS bota os espectáculos de Victoria’s Secret. Resulta que o 77% das emisións televisivas no prime time norteamericano fan referencia ó sexo, polo que evitar anuncios orixinais e divertidos que promoven o sexo seguro resulta paradóxico.
Iso si, o anuncio se pode ver na MTV, na NBC, na ABC, en Comedy Central, en Adult Swim e, por suposto, en YouTube:
Gustei moito do xeito de transmitir a mensaxe do sexo seguro, pero non entendo cómo hoxe en día aínda hai canles que rexeiten a publicidade de anti-conceptivos por motivos ideolóxicos.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS