Dúas mozas para unha sesión dobre

Grindhouse, a nova película de Tarantino e Rodríguez, que pretende resucitar o espírito das sesións dobres no cine, non só ameaza con saír en dúas entregas en España (¡manda...

Grindhouse, a nova película de Tarantino e Rodríguez, que pretende resucitar o espírito das sesións dobres no cine, non só ameaza con saír en dúas entregas en España (¡manda carallo!) senón que tamén podería deixarnos sen unha estupenda portada da revista Rolling Stone, que sae este mes nos EE.UU.:
Rosario Dawson e Rose McGowan na portada da Rolling Stone
Da portada non destacaría o mero feito de que as dúas mozas están de bo ver, senón que se trata de auténticas actrices de culto no mundo friki (especialmente Rosario Dawson, que tras moitas películas independentes vén de coroarse como unha das últimas musas de Kevin Smith en Clerks 2). Iso si, dende a web da revista parece que esqueceron a tal actriz e o vídeo exclusivo que publican está protagonizado pola embruxada McGowan:

Eu continúo con gañas de ver a película, pero se a mutilan en dúas partes… igual agardo ó DVD 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS