Os tempos no que as cadeas de música tiñan uns enormes altofalantes en caixas de madeira para dar un son de alta calidade parecen quedar atrás, e agora se mira máis a potencia e o deseño destes dispositivos, aínda que poden chegar a un nivel case absurdo, como a súa integración en bonecos de veludo.
Os xaponeses veñen de lanzar un bonecos de Stitch e Winnie the Pooh que integran uns altofalantes nos pés dos personaxes e que se poden conectar ó portátil ou ó noso reprodutor multimedia preferido, alimentándose tanto a través de corrente ou mesmo dun porto USB.
Véndenos a 4.725 ines (30,24 euros) e admito que o de Sitch me parece chulo, pero unha cousa é gustar dun boneco e outra ben diferente é que guste do mesmo coma altofalante. ¿Están tolos estes nipóns?
O Winnie sempre me lembra a anécdota de meu irmán sobre o nome que lle puxeron os cativos ó peixe que tiñan na súa clase (Hijo de Pooh).
23 Decembro, 2006
Debe estar conectado para enviar un comentario.