Los animales de dos en dos

Acabo de ver na televisión o anuncio do novo Seat Altea XL e agora non podo deixar de cantar iso de “los animales de dos en dos, uah, uah“:...

Acabo de ver na televisión o anuncio do novo Seat Altea XL e agora non podo deixar de cantar iso de “los animales de dos en dos, uah, uah“:

Logo comecei a darlle á cachola e non atopaba de qué película de debuxos animados podería ser a canción, pois tiña pinta de estar sacada dalgunha da Disney, e déuseme por mirar na Rede, e outros tiveron a mesma inquedanza, polo que agora xa sei que o tema está inspirado nunha divertida canción infantil chamada The Animals Went In Two By Two:


Ver a letra da canción ▼

Resulta curioso que todo sexa tan literal, pero aínda é máis orixinal o feito de que a mesma canción fose unha marcha militar da Guerra Civil norteamericana (pese a estar inspirada nunha canción anti-militarista irlandesa) e que tamén sonase constantemente durante a película de Bruce Willis La Jungla 3.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS