Chega a tele de Federico

Aínda que sexa só na Comunidade de Madrid (polo momento) a televisión de Federico Jiménez Losantos, Libertad Digital TV, podería converterse no reducto da dereita española no audiovisual se...

Aínda que sexa só na Comunidade de Madrid (polo momento) a televisión de Federico Jiménez Losantos, Libertad Digital TV, podería converterse no reducto da dereita española no audiovisual se nos fiamos polo seu recente vídeo de presentación:

Aínda que parece que van levar consigo a moita xente da COPE, pois xa anuncian as intervencións do Grupo RISA:

O que me pareceu algo raro do primeiro vídeo de presentación é que só quixeran saudar á canle os políticos do PP, mentres que os do resto de partidos parecían evitar facer declaracións. Non lle vexo moito sentido, pois os políticos deberían tratar equitativamente a tódolos medios. Non se pode argumentar que un medio ten unha tendencia política se son os propios políticos os que se afastan del.
Este asunto lémbrame ó programa 59 segundos, no que xa non fai acto de presenza oficial o PP, no que me parece unha actitude infantil. ¿Están o resto de partidos facendo o mesmo coa televisión de Federico? ¿Será Libertad Digital TV o Caiga Quien Caiga da dereita española?

Para os que flipen con iso de que vai comezar a emitir en dixital Libertad Digital TV hai que advertir que en Madrid a TDT está moi avanzada, e así Net TV leva anos emitindo en dixital, seguido por Onda 6, Intereconomía TV, Madrid 8, Popular TV, Telemadrid, La Otra e agora a televisión de Losantos, como se pode ver neste ilustrativo barrido de canles que publicaron en YouTube:

A ver cando en Galicia a xente se pon as pilas, aínda que boa culpa deste retraso na TDT é do Goberno autonómico, que retrasou ata o indecible as concesións de licenzas para este tipo de televisión, e tamén as adxudicou dun xeito tan sumamente arbitrario que os recursos dos prexudicados tamén van crear problemas no sector, de xeito que unha tecnoloxía que hoxe xa parece estar desfasada, tardará anos en chegar ás nosas casas.
Falan dun apagón dixital en 2010 (cando a data europea é 2012) e en 2008 as televisión locais con concesión teñen a obriga de comezar a emitir, pero eu atreveríame a dicir iso de “tararí que te vi“. Coido que van a demorar o máximo posible a entrada na TDT, para evitar facer investimentos elevados nunha tecnoloxía que podería ser deleznable, ou sexa, que para 2012 igual en vez de televisión dixital en resolución estándar comprimida en MPEG-2 poderiamos ter xa alta definición comprimida en MPEG-4, polo que a tecnoloxía actual estaría no lixo. ¿Quen se arrisca a facer de oráculo e apostar por unha tecnoloxía cun futuro tan incerto?

Sobra dicir que me refiro ós investimentos das canles, porque a nivel doméstico a TDT si que é unha aposta segura, xa que garante a recepción cunha calidade aceptable de moitas canles durante varios anos e cun investimento mínimo (e no caso das comunidades de propietarios, as melloras de antenización seguirán sen axeitadas, por son alleas á tecnoloxía de compresión dos contidos).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS