9 Xullo, 2006
David Hasselhoff, non conforme con saír polas tardes na TVG facendo de Mich Buchanan, ameaza cunha xira coma cantante que afortunadamente se pospuxo e para promocionar de novo a súa carreira non se lle ocorreu outra cousa que sacar unha versión da canción Jump In My Car parodiándose a si mesmo coma Michael Knight no Coche Fantástico:
¡Ai, este Michael xa non sabe o que facer!
Por certo, a canción orixinal é de 1975, e é obra do Ted Mulry Gang. Vese que non lle chegou con facer unha versión friki do Hooked on a feeling.