Proxección da película Vilamor o día 24 en Melide

A Xunta vén de anunciar que por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais as deputacións adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) impulsan o novo programa...

Vilamor
A Xunta vén de anunciar que por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais as deputacións adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) impulsan o novo programa de cinema de verán, que chegará durante este mes a 19 localidades galegas nas que se radican entidades pertencentes á RDL.
Redecinema, que arrincou o pasado 7 de agosto en Cee (A Coruña), levará polos concellos da RDL o recentemente estreado filme de produción galega Vilamor, mediante proxeccións gratuítas en espazos exteriores, que se desenvolverán entre agosto e setembro, e que o 24 de agosto ás 22:00 horas recalará na Praza do Convento en Melide.
Déixovos co trailer da película:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS