Denuncian por inxurias a Warda (por comentarios neste blogue)

Teño comentado moitas veces que na Internet hai que ter coidadiño co que se di, que queda escrito e non é o mesmo que falar nun bar que facelo...

Teño comentado moitas veces que na Internet hai que ter coidadiño co que se di, que queda escrito e non é o mesmo que falar nun bar que facelo nun medio accesible por todo o mundo en todo momento (vaia, que é semellante a publicalo nun xornal). Por desgraza, ás veces é preciso que aconteza algo un tanto drástico para que tomemos consciencia deste tipo de asuntos, e como exemplo temos que denunciaron a un unha lectora deste blogue, Warda, polos seguintes comentarios:

DE PARRADO NO SALES LLORANDO ,SALES ASQUEADO POR LA PREPOTENCIA QUE TIENEN, LOS ZAPATEROS TIENEN A UNA ABOGADA ENTRE SUS FILAS QUE ES UNA TRAMPOSA ( a ella sí que había que denunciarla…Y EL OTRO PERSONAJE DEL BANCO DESTACA PORQUE NO TRABAJA EL TIPO NI DOS HORAS SEGUIDAS ,PERO COMO ES SINDICALISTA TODOS LE TIENEN MIEDO, LO QUE SÍ SABE HACER MUY BIEN ES PONERLE LA CORNAMENTA A LA NOVIA CON TODAS LAS QUE PASAN POR EL BANCO A TRABAJAR.

Non sei exactamente onde están as supostas inxurias nese texto, pero a Policía Xudicial de Santiago solicitoume os datos dese comentario:
Extracto da solicitude policial

Eu remitinlles o log do servidor web, polo que contrastando a súa información coas operadoras de telecomunicacións pódese saber desde onde se fixo o comentario para identificar ao seu responsable último, o que é necesario para que poida prosperar a causa xudicial (non se pode chamar a declarar a un alcume publicado nun blogue).

Non sei cómo rematará a cousa, pero todos sabemos que cando hai unha inxuria a vítima non ten que demostrar nada (é a outra parte a que ten que certificar que non minte ou que non había ánimo de causar dano coas afirmacións) polo que a cousa non pinta moi ben, aínda que todo dependerá de se consideran que hai realmente inxurias nos comentarios feitos (eu descoñezo se as hai).

Quero deixar claro que non pretendo instar a unha polémica sobre a liberdade de expresión ou a censura. As cousas están moi claras: cada un é responsable do que di. Non son unha autoridade xudicial, e se un xuíz me di que borre un comentario, o borro e punto (non me parece que iso atente a nada). Só quixera aproveitar o acontecido para lembrar á xente que teña sentidiño antes de botar a lingua a pacer.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS